Empresa

NODOSA GROUP, vocación naval e industrial

Empresa

BENVIDA

Benvidos a NODOSA GROUP, unha compañía especializada no Sector Naval e Industrial. Fundada hai máis de corenta anos, reunimos tradición, solidez e dinamismo, coas características propias dunha empresa que mantén un espírito xove e innovador.

A nosa actividade naval, case exclusivamente centrada nos buques de casco metálico, é o deseño, a construción, transformación, reparación e mantemento de buques, tanto en grada como á boia, xa sexan de fabricación propia ou para terceiros.

A nosa actividade industrial abarca sectores tan tradicionais coma o graniteiro, o madeireiro, o de extracción ou o químico e tan vangardistas coma o eólico ou o aeronáutico.

Benvidos a unha empresa cualificada e polivalente para o seu proxecto. Benvidos a NODOSA GROUP.

HISTORIA

EVOLUCIÓN CONSTANTE

NODOSA ten a súa orixe hai máis de 40 anos como empresa auxiliar do metal.

En 1982 inaugura os seus talleres de caldeiraría e a principios dos 90 adquire a concesión duns pequenos varadoiros. Tras sucesivas fases de crecemento e ampliación, os primeiros convértense na FACTORÍA e os segundos no gran ESTALEIRO que é hoxe en día.

Paralelamente foi sumando outros centros de traballo, coma o TALLER MECÁNICO. Así, aos poucos, NODOSA foi adquirindo a solidez e versatilidade necesarias para responder coas garantías máis esixentes do mercado nacional e internacional.

AS NOSAS GARANTÍAS

En Nodosa sabemos que as garantías que mellor avalan o noso traballo son a experiencia, unhas modernas infraestruturas en constante ampliación, a nosa capacidade produtiva e tecnolóxica e unha seriedade presente en todos e cada un dos nosos procesos.

Así construímos e armamos máis de 300 buques ao longo da nosa historia fabricado unha inxente cantidade de cascos e superestruturas e realizado incontables obras industriais.

En Nodosa estamos comprometidos cos nosos clientes, un compromiso que se iniciou hai máis de 40 anos.

O NOSO EQUIPO

A capacitación constante de recursos humanos é outro obxectivo primordial para conseguir a excelente calidade de servizo que persegue Nodosa.

Dispoñemos dunha Oficina de Enxeñeiros coa última tecnoloxía para realizar a máis eficiente personalización de cada proxecto. Esta compleméntase cun experimentado equipo produtivo que dá rigorosa resposta ás necesidades de cada proceso e co grupo de persoas que realizan todos os labores relacionados coa administración e as finanzas.

En todos eles descansa a fidelidade dos nosos clientes.

RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA

NODOSA, como ente vivo e inmerso na sociedade que a rodea, mantén unha especial preocupación polo medio do cal forma parte.

Esta é o seu xeito de entender que só así alcanza o seu verdadeiro labor como axente económico e social, e por iso participa activamente en múltiples actividades que axudan a preservar os valores e tradicións da comunidade que a envolve.

Moitos son os beneficiarios deste compromiso, desde entidades que prestan os seus servizos aos máis desfavorecidos, ata agrupacións de moi diversa índole, coma clubs deportivos, diversas asociacións lúdico-festivas, de protección ambiental, ou organizacións de actos e eventos culturais, entre outros.