DIVISIÓN INDUSTRIAL

Desenvolvemento de proxectos de gran calidade nos distintos sectores da enxeñaría grazas á nosa experiencia e técnica especializada.

División industrial

PRESENTACIÓN

Na División Industrial de Nodosa unimos experiencia e técnica. Isto permítenos enfocar os proxectos dun xeito integral para os nosos clientes.

Co paso do tempo, a División Industrial foi diversificándose en diferentes sectores, como a fabricación e reparación naval, o mantemento e montaxe industrial, a fabricación de estruturas metálicas para a construción...

Tamén realizamos distintos elementos relacionados con sectores tan tradicionais coma o graniteiro, o madeireiro, o da extracción... ou tan vangardistas coma o da enerxía eólica ou o sector aeronáutico.

Benvidos a unha empresa cualificada e polivalente para o seu proxecto. Benvidos a NODOSA GROUP. Benvidos a NODOSA.

LOXÍSTICA E CORTE DE MATERIAIS

O MÁIS ALTO GRAO DE CALIDADE

A capacidade loxística de Nodosa para conseguir, transportar, almacenar, estibar, cortar e conformar materiais como aceiros e aluminios de todas as calidades, grosores e tamaños fai que a nosa empresa sexa especialmente valorada no mercado.

Abranguemos unha gran variedade de traballos xa que dispoñemos da maquinaria e os recursos humanos e tecnolóxicos necesarios.

Deste xeito, moitas empresas contrátannos para realizar este proceso produtivo, para ensamblalo posteriormente nos seus proxectos ou para presentalo coma un produto final co máis alto grao de calidade.

CALDEIRARÍA NAVAL E INDUSTRIAL

EFICIENCIA E SABER FACER

Os sofisticados medios dos que dispomos fannos especialistas na creación, instalación e mantemento de diferentes pezas de caldeiraría naval e industrial, que van desde varios tipos de plataformas e granxas para acuicultura ata estruturas e elementos para todo tipo de buques e industria en xeral.

Ofrecemos, polo tanto, un servizo completo que fai de Nodosa unha compañía que destaca pola súa eficacia e saber facer.

Grazas á nosa experiencia, a impecable profesionalidade e os nosos inmellorables recursos, en Nodosa desenvolvemos cada un dos encargos cunha extraordinaria calidade e uns resultados sobresaíntes.

TALLER MECÁNICO

EXPERIENCIA E CUALIFICACIÓN

Somos unha empresa moderna, con maquinaria actualizada e un gran potencial humano, dinámico e altamente responsable, o que nos permite a máxima fiabilidade nos prazos de entrega e un produto da maior calidade.

A experiencia e a cualificación dos profesionais que a forman, xunto cos procesos e os medios máis adecuados, permítenos realizar o mecanizado e a fabricación de pezas e máquinas especiais.

Isto fai que Nodosa poida dar un servizo inmellorable aos clientes máis esixentes do mercado, facendo nosos todos os seus obxectivos.

FABRICACIÓN E MANTEMENTO INDUSTRIAL

LÍDER NO NOSO SECTOR

Desde os nosos inicios, levamos a cabo innumerables obras de deseño, fabricación e montaxe nos distintos sectores industriais onde desenvolvemos a nosa actividade.

O saber facer e a eficacia coa que se efectuaron convertéronnos nunha empresa referente para este tipo de traballos, asegurando non só a súa realización coa calidade e nos prazos máis esixentes, senón o seu correcto funcionamento e posterior mantemento.

INDUSTRIA DIVERSA

En Nodosa contamos cun importante factor de diferenciación: a nosa actividade de enxeñaría, que nos confire un engadido único para sectores tan diversos coma o químico, o da madeira, o da extracción, o petrolífero, o naval, o aeronáutico, o eólico ou o ferroviario.

Tamén para a industria do granito, na que é líder mundial coas súas máquinas de corte, e para sectores aparentemente tan diferentes coma o da arte, coas esculturas que realizamos de xeito cotián. Isto converte a Nodosa nunha empresa polivalente e nunha das mellores opcións para os seus proxectos.