OS NOSOS MEDIOS

Paixón pola calidade. Os mellores equipos e medios para os teus proxectos.

Empresa / Os nosos medios

O ESTALEIRO

Cunha superficie marítimo-terrestre de máis de 40.000 m2 está situado no Porto de Marín (Pontevedra). Conta con 6 vías de varado (unha delas convertible en dique seco) de ata 150 m, 4 peiraos de armamento e diversas naves.

Aquí lévanse a cabo todos os traballos relacionados coas distintas fases da construción, botadura e entrega de buques.

Tamén é onde se realizan todas as tarefas relacionadas coa transformación, modernización, reparación e mantemento naval.

OUTROS CENTROS DE PRODUCIÓN

En Nodosa contamos con preto de 100.000 m2 de superficie total distribuídos en varios centros. Os principais son :

- O Estaleiro, onde se realiza a construción, armamento e mantemento de buques en xeral. Para a elaboración e conformado de bloques existen ademais varias naves no Porto de Marín. Conta ademais coa oficina técnica e é onde se aloxan actualmente as oficinas administrativas da empresa.

- A Factoría, onde se fai desde caldeiraría en xeral ata barcos de certas dimensións, pasando por toda a loxística, clasificación e corte de materiais.

- O Obradoiro Mecánico, dotado coa máis alta tecnoloxía para o mecanizado, reparación e fabricación de pezas e elementos en xeral.

MAQUINARIA Y MATERIAIS

Todos os centros de NODOSA dispoñen dos medios e equipos máis avanzados para abordar calquera proxecto.

A maquinaria coa que contamos pertence a fabricantes que son líderes mundiais no seu sector, o que ofrece un extra de calidade, seguridade e solvencia a todos os nosos servizos.

Entre os materiais máis empregados atópanse os aceiros ao carbono, aceiros inoxidables, aluminios e distintas aliaxes de metais. Todos eles nas súas distintas calidades.