OS NOSOS VALORES

Comprometidos coa calidade, a seguridade, o medio ambiente e o futuro.

Empresa / Os nosos valores

CALIDADE

Os Sistemas de Calidade son primordiais en Nodosa pois entendemos que son un valor engadido para a empresa e unha garantía para os nosos clientes. Por iso, os nosos procesos cumpren a Norma UNE-EN-ISO 9001/2008, cuestión certificada por Bureau Veritas.

Neste sentido, cómpre dicir que un dos nosos procedementos máis delicados, a soldadura, é acredor de innumerables homologacións e recoñecementos das firmas internacionais máis esixentes do sector, e o propio Taller de Soldadura ao completo cumpre coas especificacións que a prestixiosa Germanischer Lloyd establece para este labor.

Pola mesma razón, a empresa no seu conxunto posúe a máxima categoría na Clasificación outorgada pola Administración Española como Empresa de Servizos para Reparación e Mantemento de Buques do Estado: a Q2D.

SEGURIDADE

ESFORZO E INVERSIÓN CONSTANTE

A seguridade é un valor primordial en Nodosa, por iso contamos cun departamento propio e outro externo dedicados á Prevención de Riscos Laborais en todo o noso proceso industrial.

Ademais, existen diferentes Plans de Traballo destinados tanto á formación específica do noso persoal, como á modernización e reforzo dos equipos de traballo necesarios. NODOSA é consciente de que este investimento é unha aposta de presente e de futuro e por iso abórdao continuamente.

PRL CERTIFICADO BAIXO A NORMA OHSAS 18001

imagen1 imagen2

MEDIO AMBIENTE

COMPROMISO CO FUTURO

O medio ambiente debe ser unha prioridade para o sector naval e industrial. Por iso en Nodosa preservamos o noso medio e desenvolvemos procedementos segundo a norma ISO 4001 e segundo a norma EMAS II de Xestión Ambiental, que completamos coa participación no Programa Nacional eCo da Fundación Entorno.

Ademais, a integración dos sistemas de Calidade, Medio Ambiente e Prevención de Riscos Laborais nun único Sistema de Xestión de Calidade Total é unha realidade, o que dota de maior forza e cohesión o noso compromiso co futuro.

I+D+i

CREAR, MELLORAR E OPTIMIZAR

Desde que en Nodosa iniciamos a nosa actividade hai máis de 40 anos, a actividade de deseño, construción e reparación de buques mudou moito, o que obrigou a nosa compañía a unha continua renovación para facer fronte ás novas necesidades do mercado.

A cultura innovadora está presente en todas e cada unha das nosas actuacións, por iso creamos un departamento propio de I+D+i que deseña e implanta novos produtos e procesos, ao tempo que mellora e optimiza os xa existentes.

SISTEMA I+D+i CERTIFICADO BAIXO A NORMA UNE 166002