BENVIDOS AO GRUPO NODOSA

PAIXÓN POLO QUE FACEMOS

Unha compañía especializada no Sector Naval e Industrial, que reúne tradición, solidez, dinamismo e un espírito xove e innovador.

  • Historia

    A nosa actividade naval, asentada sobre unha experiencia que se remonta a principios do século pasado, céntrase case exclusivamente nos buques de casco metálico, no seu deseño, construción, transformación, reparación e mantemento, tanto en grada como á boia, de fabricación propia ou para terceiros.

    Seguir lendo
  • Calidade

    Os nosos proxectos vense garantidos pola nosa ampla experiencia, pola nosa capacidade produtiva e tecnolóxica, así como polas infraestruturas modernas e en constante ampliación coas que contamos. Destaca a nosa seriedade e visión de futuro, presentes en todos e cada un dos proxectos que realizamos.

    Seguir lendo
  • Onde Estamos

    Nodosa Group atópase estratexicamente ben situada nas Rías Baixas de Galicia, ao noroeste de España, nunha provincia, a de Pontevedra, na que o sector naval e industrial gozan historicamente dun recoñecido prestixio internacional.

    Seguir lendo

O GRUPO

vocación, ilusión e instinto de superación

De xeito natural e paulatino ao longo dos anos, a nosa compañía foi medrando ata converterse no actual GRUPO de empresas, que traballa fundamentalmente no sector naval, pero tamén noutros sectores industriais, algúns tan tradicionais como o quimiqueiro, o madeireiro ou o graniteiro, e outros tan vangardistas como o da enerxía eólica ou o aeronáutico.

Todas as áreas abarcadas están destinadas a complementarse entre si, aproveitar as súas sinerxías, diversificar os mercados e despregar a máis ampla gama de servizos que perseguen a cobertura total das necesidades e satisfaccións dos seus clientes.

VER MÁIS
  • CALIDADE

    En Nodosa Group sabemos que as garantías que mellor avalan o noso traballo son a experiencia, unhas modernas infraestruturas en constante ampliación, a nosa capacidade produtiva e tecnolóxica, a visión de futuro e unha seriedade presente en todos e cada un dos nosos procesos.
    Seguir lendo

  • SEGURIDADE

    Para a nosa empresa, a seguridade é un dos valores máis importantes. Por iso, realizamos diferentes accións ao longo de todo o proceso industrial para que os nosos traballadores conten coas mellores condicións e traballen con total tranquilidade.
    Seguir lendo

  • MEDIOAMBIENTE

    Grazas á integración dos sistemas de calidade, medio ambiente e prevención de riscos laborais nun único sistema de xestión de calidade total, o noso compromiso co futuro conta cunha maior forza e cohesión.
    Seguir lendo

  • I+D+i

    A nosa aposta polo deseño e a inquietude por mellorar levaron a nosa compañía a unha continua renovación para ir por diante e facer fronte aos novos retos do mercado. A cultura innovadora está presente en todas e cada unha das nosas actividades, por iso Nodosa dispón dun sistema de xestión de I+D+i certificado baixo a Norma UNE 166002:2006.
    Seguir lendo

CALIDADE