DIVISIÓN NAVAL
Instalacións coas dimensións e equipo axeitado para desempeñar calquera proxecto.
División naval
PRESENTACIÓN
SHIPBUILDING & SHIPREPAIR
A división naval de Nodosa goza dunha sólida tradición, unha ampla experiencia e un gran dinamismo.
A través das nosas instalacións e medios, en continuo crecemento e modernización, soubemos adaptarnos aos cambios do mercado para ofrecer distintos servizos e produtos, facendo que os nosos buques teñan un recoñecido prestixio.
Grazas a iso Nodosa conseguiu establecerse como un claro referente no duro e competitivo sector de todos aqueles profesionais que teñen que ver co sector do naval e o mar.
CONSTRUCIÓN NAVAL
En Nodosa Shipyard cubrimos todas as necesidades que poida ter un operador, desde os remolcadores e buques de asistencia ou servizos netamente portuarios ata os máis esixentes e sofisticados de alta mar, conxugando potencia, manobrabilidade e versatilidade.
Todas estas embarcacións están deseñadas á medida para satisfacer os nosos clientes e cumprir con cada unha das súas expectativas.
Visitar buques construidos
TRANSFORMACIÓN NAVAL
Desde unha simple modernización ou remotorización ata un cambio radical de uso do buque, estas actuacións son traballos cotiáns en Nodosa Shipyard. En especial, ademais, hai un tipo de conversión ou transformación naval, os alongamentos, nos que Nodosa é o estaleiro español que máis cantidade realizou ao longo do tempo, en todo tipo de buques, sempre co mellor acabado e solucións técnicas e a satisfacción dos nosos clientes.
SOLICITE MOSTRAS DE TRABALLOS REALIZADOS
REPARACIÓN E MANTEMENTO NAVAL
A rapidez de resposta e unha fiabilidade absoluta no mantemento dos buques son dúas premisas primordiais para Nodosa.
Xa fosen construídos ou non no noso estaleiro, o mantemento dos buques dos nosos clientes está plenamente garantido, xa sexan traballos de soldadura, caldeiraría, tubaxe, valvularía, pintura, carpintaría, electricidade, enxeñaría, oficina técnica, mecánica, tomas de mar, espesores, liñas de eixos, temóns, etc.
En Nodosa dispoñemos de todos os medios técnicos e humanos necesarios para dar cobertura a todo tipo de servizos en grada ou á boia, nas nosas instalacións ou en calquera parte do mundo, desprazándonos onde sexa necesario, facéndoo con fiabilidade e ao máis alto nivel.
SOLICITE MOSTRAS DE TRABALLOS REALIZADOS
FABRICACIÓN PARA TERCEIROS
A fabricación chave en man é outra das áreas importantes da nosa empresa, na que englobamos todos os traballos por encargo doutros estaleiros, xa sexan servizos de loxística, corte ou conformado de material; elaboración de bloques; realización dalgunha das fases do buque: casco, superestrutura, armamento, tubaxe... ou a construción do buque enteiro.
En Nodosa temos os procedementos máis estritos e as homologacións máis esixentes certificadas polas sociedades máis importantes. Isto outorga un extra de garantía a todos os nosos clientes.