OS NOSOS VALORES

Comprometidos coa calidade, a seguridade, o medio ambiente e o futuro.

Empresa / Os nosos valores

CALIDADE

Os Sistemas de Calidade son primordiais en Nodosa pois entendemos que son un valor engadido para a empresa e unha garantía para os nosos clientes. Por iso, os nosos procesos cumpren a Norma UNE-EN-ISO 9001/2015, cuestión certificada por Bureau Veritas.

Neste sentido, cómpre dicir que un dos nosos procedementos máis delicados, a soldadura, é acredor de innumerables homologacións e recoñecementos das firmas internacionais máis esixentes do sector, e o propio Taller de Soldadura ao completo cumpre coas especificacións que a prestixiosa Germanischer Lloyd establece para este labor.

Pola mesma razón, a empresa no seu conxunto posúe a máxima categoría na Clasificación outorgada pola Administración Española como Empresa de Servizos para Reparación e Mantemento de Buques do Estado: a Q2D.

SEGURIDADE

ESFORZO E INVERSIÓN CONSTANTE

A seguridade é un valor primordial en Nodosa, por iso contamos cun departamento propio e outro externo dedicados á Prevención de Riscos Laborais en todo o noso proceso industrial.

Ademais, existen diferentes Plans de Traballo destinados tanto á formación específica do noso persoal, como á modernización e reforzo dos equipos de traballo necesarios. NODOSA é consciente de que este investimento é unha aposta de presente e de futuro e por iso abórdao continuamente.

PRL CERTIFICADO BAIXO NORMA ISO 45001/2018

imagen1 imagen2

MEDIO AMBIENTE

COMPROMISO CO FUTURO

O medio ambiente debe ser unha prioridade para o sector naval e industrial. Por iso en Nodosa preservamos o noso medio e desenvolvemos procedementos segundo a norma ISO 4001 e segundo a norma EMAS II de Xestión Ambiental, que completamos coa participación no Programa Nacional eCo da Fundación Entorno.

Ademais, a integración dos sistemas de Calidade, Medio Ambiente e Prevención de Riscos Laborais nun único Sistema de Xestión de Calidade Total é unha realidade, o que dota de maior forza e cohesión o noso compromiso co futuro.

I+D+i

CREAR, MELLORAR E OPTIMIZAR

Desde que en Nodosa iniciamos a nosa actividade hai máis de 40 anos, a actividade de deseño, construción e reparación de buques mudou moito, o que obrigou a nosa compañía a unha continua renovación para facer fronte ás novas necesidades do mercado.

A cultura innovadora está presente en todas e cada unha das nosas actuacións, por iso creamos un departamento propio de I+D+i que deseña e implanta novos produtos e procesos, ao tempo que mellora e optimiza os xa existentes.

SISTEMA I+D+i CERTIFICADO BAIXO A NORMA UNE 166002

Información

Cookies necesarias

Cookies analíticas

Eliminar cookies

Unha cookie é un pequeno ficheiro que se almacena ao visitar unha páxina no navegador do seu ordenador ou dispositivo móbil, e que permite almacenar e recuperar certa información sobre a súa navegación ou recoñecelo para facilitar o acceso a determinados servizos.

Algúns son tecnicamente esenciais, como os que se usan para que cando vaia a mercar ou acceder ao seu correo electrónico, non precise introducir o seu nome de usuario e contrasinal a cada paso. Chámanse "cookies técnicas" e só se usan mentres están na web. Se se desactivan, é posible que non poida acceder a todos os contidos e servizos deste sitio web correctamente ou que a súa navegación sexa un pouco máis incómoda se accede a algún espazo onde sexa necesario recoñecelo.

Outras son as chamadas "cookies analíticas", que poden permitirche recoller estatísticas sobre a súa navegación, permitíndolle coñecer os seus intereses co fin de ofrecerlles un servizo máis orientado ás súas preferencias e necesidades. A desactivación destas cookies non prexudica a funcionalidade da páxina, pero é posible que non reciba contido comercial ou publicitario especificamente dirixido a vostede.

Estas cookies son imprescindibles para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe as cookies que garanten as funcionalidades básicas e as características de seguridade da páxina.

Cookies empregadas


http://www.nodosa.comcookieControl
http://www.nodosa.comcb-enabled

Estas cookies utilízanse para recoller información para analizar o tráfico da nosa web, co fin de coñecer como se utiliza.

Cookies empregadas


http://www.nodosa.com_ga
http://www.nodosa.com_ga_W8GE8DMK6Q
http://www.nodosa.com_gid
http://www.nodosa.com _gat_gtag_UA_26319324_1

Infórmase ao usuario de que ten a posibilidade de configurar o seu navegador para que sexa informado da recepción de cookies, podendo, se o desexa, evitar que se instalen no seu disco duro.

A continuación proporcionámosche as ligazóns de varios navegadores a través dos cales podes facer esta configuración:

Firefox desde aquí: http://support.mozilla.org/es/kb/habilitar-y-deshabilitar-cookies-que-los-sitios-web

Chrome desde aquí: https://support.google.com/chrome/answer/95647?hl=es

Explorer desde aquí: https://support.microsoft.com/es-es/help/17442/windows-internet-explorer-delete-manage-cookies

Safari desde aquí: http://support.apple.com/kb/ph5042

Opera desde aquí:http://help.opera.com/Windows/11.50/es-ES/cookies.html